Blogia
mientrashayaluz

Lendas (I)

Lendas (I)

A esperanza celta, manifestada en lendas de circia siñificación poética, é un símbolo vivente de nosa nacionalidade e amosa unha indómita confianza nos nosos destiños.

Alfonso R. Castelao

A LENDA DE BREOGÁN

Di a lenda que Brath, fillo de Death tivo un fillo chamado Breogán. Foi criado ate o intre en que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breogán ocupou o principado. Moitas disputas e desacordos orixináronse entre as diferentes tribus que habitaban Galicia polo que houbo moitas loitas entre eles. Nembargantes, foi Breogán cos seus soldados e xente, os que lograron a victoria en cada batalla. E deles foi o triunfo final porque o resto das tribus sometéronselle.

Posteriormente Breogán fundou unha cidade chamada Brigantia (posiblemente a actual Coruña) e unha grande torre á cidade a cal chamasoulle Tor Breogán. Unha agradable e fermosa morada ademáis de ser un inmellorable lugar de vixilancia. Breogán tivo dez fillos, seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar, Ith e Bile.

Ith, un dos fillos de Breogán, xove soñador, namorado da mar e da súa terra galaica, tiña o costume de subir tódolos seráns ate o máis alto da Tor Breogán, Dende alí o xove Ith contemplaba solpores e horizontes mariños e deixaba voar a súa imaxinación tra- la ruta das gaivotas e aves mariñas…Un serán de inverno, cando o sol empezaba a tinguir o ceo de cor vermello a Ith pareceulle distinguir entre as bretemas lonxanas do mar, a silueta dunha illa. Emocionado por esta visión baixou inmediatamente aos aposentos do pai para lle- lo comunica- lo que vira pero ninguén deu creto ás súas palabras.

Estaban moi acostumados ás súas fantasías e aos seus ensoños persoais, e intentaron facerlle esquencer o que segundo il vira desviando a súa atención noutros temas. Pero Ith non se deixou disuadir, estaba tan seguro de que o que vira era realmente terra e non unha nube no horizonte, que logrou convencer aos seus amigos para que lle axudasen a bota- la súa embarcación de coiro ao mar e pór rumbo a esa enigmática illa. E así foi como despois de varios días de navegación, Ith chegou ate as costas de Eire e desembarcou nunha das praias do sul…..

(Lenda extraída do “Leabhar Ghabhala” libro sobre as conquistas irlandesas, escrito no século XII por monxes irlandeses baseándose na ríquisima historia oral dese país)

1 comentario

Alberto -

Que fermoso relato!!!un bico miña rapariga