Blogia
mientrashayaluz

“O PLENO DE FERROL SE DESENTENDE”

 

O Pleno Municipal celebrado en Ferrol o fin de mes, no que se tratou o tema da planta de gas de Reganosa, se desentende.
A moción presentada por Esquerda Unida, en contra da pretensión de Reganosa de ampliar a súa capacidade de gasificación, pasando dos 325.000 m3/h inicialmente concedidos aos 825.600, foi rexeitada polo Pleno. Os sete votos do PP, máis dous do BNG en contra, e a abstención dos nove votos do PSOE, impediron que os catro de EU, máis tres de IF, sacaran adiante aquela moción.
¿Pero, de que se trataba?
A cuestión é que o Ministerio de Medio Ambiente recibiu de Reganosa unha proposta de ampliación da súa capacidade regasificadora.

Canta máis cantidade autorizada, máis cobran, independentemente da cantidade que produzan. En base a esa proposta, o Ministerio se dirixe a tódolos Concellos da comarca e diversas asociacións, entre elas Fuco Buxán, para consultar “si el proyecto debe someterse o no al procedimiento de evaluación de impacto ambiental”, como establece a Lei.
Teñamos presente que, de aprobarse esa pretensión de Reganosa, se disparará o perigo das instalacións gasísticas, se multiplican os riscos polo incremento da entrada e saída de gaseiros e dende logo, acelérase a destrución da ría polo volume de auga sustraída e esterilizada.
É chamativo que ningunha das forzas políticas contactadas polo Comité Cidadán de Emerxencia tivesen a menor información sobre esa consulta do Ministerio. E si outros Concellos da comarca a recibiron, lóxico é que o de Ferrol a tivera tamén. ¿Como é posible que se escondera? ¿Como se pode xogar con un tema sumamente perigoso como é este?

En calquera caso, a presentación da moción era suficiente alarma como para que ninguén ignorase a cuestión.
¿Cabe mirar para outro lado?
Si comezamos polo goberno municipal, teremos que dicir que peca de irresponsabilidade. Primeiro por non dar a coñecer a tódolos grupos a consulta. Segundo, e aínda máis grave, por non pronunciarse non so ó respecto do perigo, senón do cumprimento da Lei ¿Como xustificarán o seu silencio no caso dun accidente? ¿Que dirán ás vítimas no caso de producirse? A abstención do grupo socialista non ten explicación. ¿Ten dúbida de se debe aplicarse a Lei a unhas instalacións altamente perigosas? Lamentable. Nin sequera se lles preguntaba si estaban de acordo ou non con Reganosa. Nin arre, nin só
Pero por outra banda, o actual Secretario Xeral do PSdeG e anterior Conselleiro de Medio Ambiente recoñecía tras a derrota electoral que se equivocaran en dous temas clave, a Planta de Gas e a Cidade da Cultura. Se iso é así, diante dun erro, so cabe correxilo. Non foi o caso.
A posición do PP pode explicarse facilmente. Fraga e os seus socios foron quen de aprobar a instalación da planta no interior da ría e seguen sendo fieis a ese compromiso. Dende logo, esa fidelidade non é con quen vivimos e traballamos nesta comarca. Impórtalles un rábano o que pase coa poboación circundante.
É menos explicable o voto negativo do BNG, sumándose ao PP. O seu portavoz , señor Pita, pechou o tema dicindo que a cuestión “está moi debatida”. Olvidábase que un tema desta
envergadura nunca está debatida de máis. E vai estar presente na vida política mentres estas instalacións non saian do interior da ría de Ferrol.
Pero, ademais, contradícese co manifestado por Paco Rodríguez no vídeo “O salario do silencio”,

 

no que dicía: “... calquera redimensión da planta non se tolerará, eso si que o temos claro, se se vai redimensionar, a nosa posición será que non”. ¡Ve señor Pita, as cousas teñen recorrido, non están debatidas para sempre! Nen sequera tiña en conta aquelas declaracións. Mandan máis os poderes fácticos. E parece que a derrota electoral non se debe a ningún erro. Deberá clarificalo.
Independentes por Ferrol e Esquerda Unida, co seu voto, expresaban a actitude coherente e valente que veñen mantendo dende sempre porque a Planta de Reganosa saia do interior da Ría.
Pola súa banda, o Comité Cidadán de Emerxencia, a través das diferentes asociacións, conclúe no seu RECURSO que non cabe conceder autorización de ampliación de Reganosa, porque esa planta non ten feito estudio de impacto ambiental, e polo tanto, é ilegal.
Non se entende a deixación do Pleno nun tema que pode afectar a miles de persoas desta comarca. Esa renuncia é imprudente e irresponsable. A nosa vida está en xogo.

 

 

Rafael Pillado, é membro do C.C.E. e Vicepresidente da A.C. “Fuco Buxán”.

 

Intervención do Sr. Pita, Voceiro do G.M. do BNG no Concello de Ferrol

(Enlace ao vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=0fiQl2RAv0s

 



--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en BBVA, titular: Maria de los Angeles Cuadrado Caruncho e outros
Desde España:
0182-0232-77-0201521046
Desde o Extranxeiro:
Codigo BIC:  BBVAESMMXXX
IBAN  ES80  0182  0232  7702  0152  1046

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres