Blogia
mientrashayaluz

A lingua que nos une....

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca a asistir a

 

MANIFESTACION   NACIONAL   DE  GALIZA

 

Domingo, 17 de maio, ás 12 horas en Santiago de Compostela

 

convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, baixo o lema

 

“O galego, a nosa columna vertebral. A lingua que nos une!”.

 

A Mesa pola Normalización Lingüística asume os catro principios básicos indicados no comunicado do Plenario da Real Academia Galega titulado “Unha lingua para todos”:

1º Compromiso de arredar a lingua galega da controversia partidaria. A lingua é de todos e todos teñen cabida para acadar o seu pleno uso normal.

2º Impulso do multilingüismo. Na anterior lexislatura potenciouse o trilingüismo en moitos centros escolares (galego, castelán e inglés), que agora podería ampliarse a unha cuarta lingua, sen esquecer o acceso ás linguaxes das novas tecnoloxías.

3º Reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que no seu día, por unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia (Doc. núm. 17629, BOPG núm. 622 do 07.09.04).

4º Compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e co galego, única forma de acadar a igualdade cidadá.

Autobuses e teléfonos de reserva:

Ferrol

981 36 40 58
690 30 72 45

981 35 87 50
(directo - Ferrol)

671508162
618298839

directo-Fene

Un bus directo de Ferrol ás 10 dende o local comarcal da CIG en Ferrol, que volve ás 14.30.

Outro que sairá ás 10.00 da Praza de Galiza (diante do Teatro Jofre) con parada na gasolineira da AP-9, no Polígono de Vilar do Colo (Fene) e na parada de buses de Fene. Marchará unha hora despois de rematada a manifestación.

O directo de Fene sairá da casa do concello de Fene ás 10 e voltará ao remate da manifestación.

As Pontes

618 11 54 30

O bus sairá ás 10 da Praza do Concello. A xente de Pontedeume vai nese bus, agardando na parada de buses de Pontedeume. Regresará ás 5.

Ortegal

699 821 073
655 971 748
981 481 409

O autobús que sae de Cedeira farao ás 9.15 e para ás nove e media en Valdoviño, na Porta do Sol (fronte á Casa do Concello), logo marcha ás 5 de Compostela.

 

0 comentarios