Blogia
mientrashayaluz

Nova concentración venres 12

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,

prevista a entrada do gaseiro nº 46, cargado de GNL, convoca

CONCENTRACIÓN

Venres, 12 de xuño, ás 19 hs.

no Edificio da Xunta

Praza Amada García – Praza de España - Ferrol

Características do “LNG OYO”

Bandeira: Bermudas / Eslora: 285.48 m / Manga: 43.40 m / Capacidade: 145.914 m3

Este gaseiro sobrepasa, tanto na sua capacidade como na súa  carga,   a establecida nas Normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol (capacidade inferior a 140.00m3) aprobadas pola Capitania Maritima de Ferrol e a Dirección Xeral da Marina Mercante, asi como a capacidade establecida na autorizacion de construcción.

O coordinador do CCE dirixe sendos escritos á Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao e á Direccion Xeral da Enerxia, advertindolles de que a entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso da Autorización de construcción e cuxia tolerancia podería acarrear  responsabilidades personais  para os organismos de control.



--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

mientrashayaluz -

Estarei a menos dez onde sempre...vémonos.

Unha aperta :)

Pedro -

Hai que ir :)!!!! poderás vir o venres entón???
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres