Blogia
mientrashayaluz

Nova denuncia do CCE

O sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiro ten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa..

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e que a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

- Capitán do buque “Ibérica Knutsen”.

- Dirección General de Política Energética y Minas.

- Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

- Promotores de la Planta de Gas de Reganosa.

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

 



--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995

0 comentarios