Blogia
mientrashayaluz

Solidariedade cos 14 mariscadores encausados

Dende este blog amosamos a nosa solidariedade cos 14 mariscadores da Cofraría de Ferrol acusados de "desordes públicos" pola entrada ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria Amable Dopico (que estará presente como testemuña) demandando xustificación ante a prohibición de faenar o día 30 de maio de 2007 por mor da entrada na´Ría do gaseiro "Mourad Didouche" cargado de GNL para Reganosa.
Para todos eles pide o Fiscal nove meses de cárcel e indemnización económica a Autoridade Portuaria, unha das entidades causantes da permanente situación de perigo que vimos padecendo.
Ao igual que o Comité Cidadán de Emerxencia solidarizamonos cos acusados, e estimamos oportuno o sobreseimento da causa . Estas persoas non cometeron outro delicto que a loita pola defensa dos seus postos de traballo, da sostenibilidade da Ría e a seguridade dos seus habitantes, os mesmos obxetivos que perseguian os cidadáns e cidadás que convocados por este Comité Cidadán de Emerxencia  concentrabanse nese intre, no porto, a escasos metros da Autoridade Portuaria.
 
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
 
 
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres