Blogia
mientrashayaluz

Por Alberto Riveiro Sambade (Graciñas polo artículo)

O caso da planta regasificadora de Reganosa, como sabemos, non é novo e ademais, é unha cuestión de dominio público, é un conglomerado de crimes medio ambientais encadeado sen ningún tipo de sanción institucional, porque a administración socialnacionalista corríu deliberadadmente un tupido veo propagandístico sobre o tema para eludir a súa responsabilidade como poder público e deixar unha ampla marxe de manobra ao o poder do capital especulativo galego.
Éche o que hai querida Celia; é o mal que ten a política institucional, corrompe a todo aquel/aquela que o abraza incondicionalmente, e se deixa enfeitizar pola seductora ideoloxía neoliberal, polo discurso do pensamento único, pola ética da estética e da cultura do mercado autorregulado sen o máis mínimo control administrativo que corrixa os desmáns das grandes empresas capitalistas e dos desaxustes que o propio mercado produce.
Pero tranquila Celia, sempre nos quedará unirnos ao enimigo e seguir actuando hipocritamente no baile de máscaras deste teatro chamado Galiza, ou como contrapunto, facer do principio da honestidade e do valor da transparencia a base fundamental da ética da acción do suxeito reflexivo, crítico, disidente e rebelde que loita por cambiar as estruturas da orde establecida, co obxecto de subverter a arrogancia e o cinismo institucionalizado e loitar pola liberdade e o benestar da cidadanía do noso mundo (Galiza) imbricado noutro mundo onde caben outros moitos mundos. En definitiva, mobilizar a intelixencia co único obxectivo estratéxico de revirar esta insostible situación e reconstruir o capital social usurpado polo Capital.
Cómpre, como nos diría o noso querido revolucionario pensador do maio francés Michel Foucault en Hermenéutica do suxeito, reinventar a estética da ética, onde esta se nos presente como unha conxugación da acción individual e do compromiso persoal articulado sempre ao intereses colectivos. Eu hai moito tempo que decidín criticamente tomar partido da realidade e posicionarme; eu decidín estar neste derradeira parte, como non podía ser doutra maneira: teño afortunadamente o corazón abaixo e a esquerda.

0 comentarios