Blogia
mientrashayaluz

S.O.S RÍA DE FERROL!!!

O pasado 2 de xullo as 4 da tarde o buque gaseiro "LNG Rivers", de
288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo
graves problemas para entrar na Ría de Ferrol.
Esa tarde o vento soplaba do sur e había mareira no mar. O barco que
ainda non tiña os prácticos abordo achegábase perigosamente a costa.
A enfilación para poder entrar na Ría de Ferrol non era a correcta e
tanto o vento como o mar ó abatían cada vez maís a o barco contra a
Ponta Coitelada . Neses momentos logran subir a bordo dende un
remolcador os prácticos do Porto de Ferrol e inician unha perigosa
maniobra virando en redondo o barco. Catro remolcadores permanecen a
expectativa, pero sin ter suxeto a o barco. O gaseiro na sua virada
pasa moi perto da costa, a menos de 300 metros, e casi por riba dos
baixos das "Merloeiras ".
Finalmente o " LNG Rivers" consigue alonxarse da costa e tomar a
enfilación correcta para penetrar na Ría de Ferrol.
Despois de media hora de arriscadas maniobras e loitando contra o
reloxo, xa que a marea comenzaba a baixar o " LNG Rivers" amarrado a
catro remolcadores entra na ría .

A Capitania Maritima debe dar explicacións do que sucedeu aquela tarde.

Estas situacións non fan outra cousa que confirmar o que este CCE vén
manifestando desde fai máqs de 8 anos: A ublicación da Planta de Gas
no interior de ríaa, incumpliendo toda a normativa de seguridade, en
canto a distancias aos núcleos de poboación e ao tránsito continuado
dos gaseros sen garantía de poder abandonar ríaa polos seus propios
medios ante calquera situación de urxencia.

Unha vez máis queremos chamar a atención das autoridades competentes,
para que acaten as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia e poñan fín a este despropósito e a esta ameaza permanente,
sobre a riqueza e o potencial laboral de nosa ría e sobre as vidas das
persoas que a habitamos.

¡¡PLANTA DE FAS FORA DA RÍA ¡!
 

0 comentarios