Blogia
mientrashayaluz

II Marcha a Pé a Mugardos

           As estatuas de Ferrol súmanse a
II Marcha a Pé a Mugardos
do próximo día 23 de Xullo
Que convocada polo
Comité Cidadán de Emerxencia
Para a Ría de Ferrol
Sairá ás 17 h. do Parque CarmeloTeixeiro
(Caranza - Ferrol)

Conmemorando o Peche da veciñanza de Mehá no Concello de Mugardos,
do 23 de Xullo ao 10 de Novembro do pasado ano, e en denuncia da perigosidade
da ubicación da Planta de Gas e do tráfico de Gaseiros no interior de Ría,
incumpliendo toda a normativa de seguridade e
ameazando a vida e o progreso sostenible desta comarca e os seus habitantes.

Ao terminar a marcha, no Campo dos Carneiros de Mugardos,
haberá un festival musical.

O Marqués de Amboage, Sánchez de Aguilera, a Vitoria da Porta do Dique, Pablo Iglesias, Concepción Arenal, González Llanos, a parella de mulleres falando, Méndez Núñez, A Maternidade, entre outras, son conscientes de que poden ser tamén vítimas dunha previsible catástrofe e comprometeron a súa asistencia a esta Marcha                                                .

…. ¿ti que farás?


Participa e difunde esta convocatoria
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Ver Album de fotos na nosa web:
http://comitecidadan.org


--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
                                                                              

0 comentarios