Blogia
mientrashayaluz

25 de xullo DÍA DA PATRIA GALEGA

25 de xullo DÍA DA PATRIA GALEGA

Este 25 de xullo escomenzou onte, cunha noita máxica chea de cor, música, luz, e historia....coas torres da catedral de Compostela, recortadas na escuridade iluminadas tan só polos fogonazos da luz dos artificios. O de onte foi algo máis que un espectáculo de pirotecnia, foi todo un recoñecemento a nosa identidade como pobo, sentirnos orgullosos da nosa terra e de sermos GALEGOS. Temos que estar orgullosos de ter nacido nunha terra, que parece xurdida da mesmas mans das fadas, esculpida pola historia, e pintada con lendas e tradicións, cultura, paisaxe, patrimonio. Temos sufrido moito, a nosa historia está chea de inxustiza e sufrimento, pero tamén de beleza, beleza da paisaxe, beleza da nosa música, beleza do noso idioma e a nosa literatura, beleza de rincóns máxicos, beleza de SENTIR E SER GALEG@. Dou as grazas por ter nacido nesta terra, por poder dicir que esta é a MIÑA PATRIA, dou grazas ,  por ser e estar en GALIZA!!!. (mientrashayaluz).

Últimos cinco minutos vídeo Fogos de Compostela (ver)

_______

HIMNO GALEGO

LETRA: Eduardo Pondal. MUSICA: Pascual Veiga

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.

(Oír)

 

1 comentario

Anónimo -

Amo a miña Galiza e a miña galega :)