Blogia
mientrashayaluz

RIA DE FERROL, NO OLLO DO FURACAN. Artigo de Rafael Pillado

O Conselleiro de Medio Ambiente, no seu paso por Ferrol o 27 de Xaneiro, anunciou o seu compromiso coa Ría declarándoa “zona sensible”. Sinalando ademáis, que a “bocana da Ría é moi estreita e os riscos da deteriorización das augas son maiores”. Engadía que a partires do ano 2009 poñerá en marcha “un plan de controis de verquidos, inspección e análise da Ría, que pretende diagnosticar os pequenos verquidos que poderían escaparse ós controles de maior envergadura”.

En outras circunstancias, poderíamos considerar esas declaracións como un paso positivo. Sen embargo, e paralelamente a esas declaracións, dous días despois, o 29 o Diario Oficial de Galicia recollía o anuncio de Reganosa para licitar a ampliación de capacidade de regasificación, multiplicando por dous e medio a actual capacidade.

Tal decisión supón varios e graves problemas:

1º.- Si a situación  actual é de degradación, na que se utilizan 300.000 toneladas diarias de auga da Ría para quentar o gas, e que volve  ó  mar moito máis fria, esterilizada e contaminada de cloro, con esa ampliación, pasaría a 600.000 toneladas por día.

2º.- O número de gaseiros que entrarían na Ría, pasarían dos actuales 36 o ano, a máis de 100, o que multiplicaría os riscos para toda a poboación.  E ninguén sabe que licencia e que tramitación medioambiental se fixo para que se autorice esa ampliación, nin tampouco se sabe cal foi a postura dos Conselleiros de Medio Ambiente e Pesca nesa decisión.

3º.- Por outra banda, en clara contradición coas declaracións feitas, esa Consellería otorgou a Forestal do Atlántico a Autorización Ambiental Integrada, rexeitando as alegacións de varias asociacións que mostraban os datos fraudulentos aportados pola Empresa. De tal xeito que se autorizou verter á Ría 351.475 toneladas diarias de augas residuais. E vexamos ademáis que, o proxecto de depuración da banda sur da Ría, que recorre dende Fene a Ares, deixa á marxe os verquidos de Forestal e Reganosa, que van sin depurar ó mar.

E aínda máis, o Presidente da Xunta, Sr. Touriño, o día 30 de Xaneiro anunciou que “Antes do remate da próxima lexislatura, nos anos 2011-2012, estarán saneadas as rías na súa totalidade”.

0 comentarios