Felicitación do noso querido Alberto
Boas tardes, noites ou bo día en función de cando cada un/unha de vós lea esta mensaxe:
Só quería participar un ano máis, da gratitude que necesariamente teño que expresarvos a tod@s por brindarme a vosa amizade incondicional e por non desistir na digna loita rebelde por construir un Mundo inclusivo, máis acolledor e habitable, onde teñan cabida Outros Moitos Mundos Diferentes, que están a baixo e a esquerda, onde temos o corazón.
Seguimos construíndo cidadanía e conspirando para facer estoupar as catro rodas da maquinaria capitalista:
· O despoxo: a usurpación violenta dos bens e dos recursos naturais das comunidades por parte do Gran Capital asoballador.
· A explotación: das materias primas, dos espazos naturais e da propiedade comunal que son arrebatadas, privatizados e expropiados, así como das forzas de traballo, en función do superior interese do sistema: a máxima obtención do beneficio.
· A represión: detención, contención ou castigo violento das accións de disidencia, resistencia, e das actividades políticas e sociais, por parte das institucións do poder. U - la democracia?
· O desprezo: a desestimación, discriminación e desdén da pluralidade social e da diversidade intercultural.
"El mundo que queremos es uno donde quepan muchos mundos. La patria que construimos es una donde quepan todos los pueblos y sus lenguas, que todos los pasos la caminen, que todos la rían, que la amanezcan todos."
Subcomandante Insurgente Marcos
Saúde Compañeir@s e que o ruido axude a atopar o silencio, que o silencio axude a atopar o camiño e que o camiño axude a atoparnos. E sexa cal sexa a vosa pregunta, O AMOR, sempre é a resposta.
A.
0 comentarios