Blogia
mientrashayaluz

Novidades do camarada Alberto

Crónica dun fraude anunciado: 15M, eleccións presidenciais en El Salvador, estratexia de difamación política e violación do código electoral‏
Ola Compas:
 
Comprobadeo por vos mesmos. A pesar da efectividade da maquinaria pesada de ARENA e a súa estratexia do medo e de demonización do FMLN, agardamos que mañá, o pobo salvadoreño e as súas bases electorais se movilicen para botar fóra o mal goberno de ARENA. Cómpre a acción de todas as forzas sociais, tendo en conta as prácticas sistemáticas de fraude e corrupción administrativa desta democracia de baixa intensidade, ou mellor dito, desta república bananera, desenvoltas nestes tres primeiros meses que van de ano. 
 
Fagamos un exercicio colectivo de investigación empírica participativa. Introducide os seguintes Documentos Únicos de Identidade na pestaña que se abre no sitio oficial do Tribunal Supremo Electoral e veredes o resutlado.
 
Esta semana, agardábase a chegada de máis de 50.000 catrach@s (hondureñ@s) e chapines/as (guatemaltec@s), convocad@s por ARENA para votar por un puñado de dólares. As colas na oficina central de expedición de D.U.I. de San Salvador ao longo das derradeiras semanas era quilométrica. 
 
 
Comprobade o fraude por vós mesm@s:
Visitade a páxina oficial do TSE http://www.tse.gob.sv
Agora introduce este D.U.I 04025081-5
Unha vez verificado ese número, escribide este otro DUI 04166651-4.
 
 
Conclusión: unha mesma persoa con dous D.U.I.
 
 
Anéxovos tamén o enlace dos resultados das eleccións municipais e lexislativas celebradas o pasado 18 de xaneiro. Trataron de vendelos como un exemplo de democracia e transparencia electoral, pero se os revisades de forma superficial, decatarédesvos que foi un absoluto e escandaloso pucherazo que clamou o ceo. Que podemos agardar mañá nas eleccións presidenciais? Pois máis do mesmo. Só espero que o FMLN non comulgue con rodas de muíño e denuncie o fraude.
 
Enlace electrónico do IUDOP (Instituto Universitario De Opinión Pública) da UCA (Universidade Centroamericana) "José Simeón Cañas":
 
http://www.uca.edu.sv/publica/iudop/Web/2009/Informe118.pdf
 
Saúde e Digna Rabia. Xa vén o cambio. Xa nace a esperanza. A loita continúa.
 
 
 
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

1 comentario

Rafa -

Para que logo falen de Chavez...que pouca vergoña..
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres