Blogia
mientrashayaluz

NOTA DE PRENSA XACIMENTO ROMANO DO CADAVAL

Diante das novas recollidas nos medios, segundo as cales o Alcalde de Mugardos - Sr. Barcia - pretende “activar “o traslado do xacimento romano de Caldoval a un museo na vila, queremos manifestar:

1º.-Dende fai anos o grupo empresarial Forestal primeiro, e logo Reganosa pretenden desmantelar os xacimentos arqueolóxicos da zoa, calificada no PXOM de Mugardos como solo rústico de protección de patrimonio (SRPP) que inclúe o Castro de Mehá, o xacimento romano de Caldoval e o de Sta. Lucia, como paso previo, para poder recalificar o solo e permitir á ampliación de Reganosa .

2º.- A recalificación proposta por Forestal e Reganosa e tramitada no seu momento polo Goberno municipal de Juan Toimil xa foi rexeitada pola Xunta de Galicia.

3º.- Ademais, o TSXG, dictou unha 3ª sentenza en contra de Reganosa (Sentenza nº 00311/2008 de 22 de abril de 2008 ), anulando a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que servíu ao Concello para otorgar a licencia de obras e actividade a Reganosa.

4º.-Que a xestión do Sr. Barcia, sendo coñecedor destes antecedentes, para “Activar” o traslado do xacimento de Caldoval, obedece ao imperativo marcado por Reganosa.

5º.- O CCE considera que a musealización in situ constitúe o mellor modo de poñer en valor o citado xacemento e o conxunto da zona en particular. Que ésto e o que debe facer o Alcalde de Mugardos, respetar a legalidade (sentencia do TSXG),a historia do pobo galego, e o interes xeral e non deixarse someter aos intereses de Reganosa.

Ferrol, a 4 de xuño de 2009

0 comentarios