Solidaridade cos veciños de Cangas
Na mañán de onte, en Cangas, a Garda Civil cargou duramente contra os veciños e veciñas que pacíficamente manifestábanse contra a destrución do litoral para a construción dunha urbanización e un porto deportivo. efectuaron 16 detencións, membros de Foro Social de Cangas, da Confraría de Pescadores, unha concelleira e outros persoas.
Ante estes feitos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere facer público:
A súa solidariedade cos feridos e detidos, esixindo a súa inmediata posta en liberdade.
Esixir o cesamento do Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, responsable da agresiva e desmedida actuación policial, en defensa de intereses especulativos privados.
Reiterar o apoio deste CCE á loita que están levando a cabo, o Foro Social, a Confraría de Pescadores e o pobo de Cangas, en defensa da legalidade, da súa contorna e do medio de vida de moitas familias
¡Tod@s con Cangas ¡ ¡ A Ría non se vende !
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
0 comentarios