Homenaxe a Carmelo
O próximo 5 de febreiro cumprirase o primeiro aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, fundador e primeiro coordinador deste Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que no seu recordo organizouse o seguinte:
Sábado, 7 de Febreiro de 2009, ás 12 horas.
OFRENDA FLORAL
No lugar en que foron plantados 3 carballos,
próximo á ermida de Santa María de Caranza en Ferrol
Lugar para o que se está xestionando por iniciativa da A VV Ruiz de Cortázar e do Comité Cidadán, a denominación de Parque Carmelo Teixeiro.
Participarán neste acto o Comité Cidadán de Emerxencia , representantes de entidades e organizacións e cantos cidadáns e cidadás queiran sumarse. Será colocada. no centro dos tres carballos, unha placa, alusiva a Carmelo, sobre un monolito de pedra.
Durante este ano transcorrido, Carmelo e a súa tarefa estivo sempre presente no noso recordo e no noso sentimento. Agora, trátase de lembralo colectivamente, todos xuntos, nun acto íntimo e sinxelo de agradecimiento a toda unha vida de compromiso coas causas sociais, e de traballo constante, rigoroso e sempre desinteresado a través das numerosas facetas - vecinal, cultural, política, sindical - nas que sempre participou e dun modo especial na súa actividade permanente dos últimos anos: A defensa de Ría, e da vida dos seus habitantes ante a ameaza da Planta de Gas peligrosamente ubicada no seu interior.
Nesta loita pola legalidade, pola seguridade das nosas vidas e pola riqueza da nosa contorna, o exemplo de Carmelo, da súa tenacidade e da súa entrega acompañaranos e servirá de estímulo ata facer realidade o obxectivo:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
0 comentarios